Xoves, 18 Xullo, 2019
alexia barros premio extraordinario de fp 2016
Alexia Barros obten o premio extraordinario de FP da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade. Exalumna do ciclo superior de educación infantil.
 alexia

O Premio extraordinario de FP a mellor alumna da familia profesional de "Servizos socioculturais e a comunidade" foi para a alumna do CIFP COMPOSTELA ,Alexia Barros.

O evento tivo como obxectivo premiar ao alumnado que realizase os estudos de formación profesional de grao superior nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Os alumnos e alumnas que obtiveron un Premio Extraordinario de FP recibiron un premio en metálico e poderán optar aos Premios Nacionais de formación profesional de grao superior.

A entrega dos premios celebrouse na Cidade da Cultura no Gaias, onde se deron cita alumnado e profesorado dos centros educativos, dos que porceden os alumnos/as premiados/as.

A alumna recolleu o diploma acreditativo da man do Presidente da Xunta de Galicia e do Conselleiro de Educación, Cultura e O.U., Román Rodriguez.

Noraboa polo premio para Alexia, e para o profesorado do Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade.

alexia-2