Xoves, 18 Xullo, 2019
DOUS ALUMNOS DO CIFP COMPOSTELA GAÑAN O CONCURSO DE INNOVACIÓN GASTRONÓMICA “COCIÑA CON QUESCREM”

 

Os alumnos, Eduardo Novais Pereira e Saúl Vidal Miniño, do CS de Dirección de Cociña, foron os gañadores da segunda edición do concurso de innovación gastronómica “Cociña con Quescrem”, celebrado no CSHG o pasado 16 de marzo de 2017.  Quescrem-11 Quescrem-12

A parella gañadora foi premiada cun cheque–bolsa de 1.500 euros para realizar formación no verán e facilitar o seu acceso ao desenvolvemento de prácticas nun dos restaurantes do Grupo Nove. O CIFP Compostela recibiu un cheque de 1.000 euros para investir en material escolar, así como produtos Quescrem de balde durante un curso académico por valor de 500 euros.

Nesta edición foron dez escolas as participantes, e as receitas presentadas polos alumnos do CIFP Compostela e que resultaron premiadas foron: El Corral consistente nunha xema de ovo cocida a baixa temperatura con tacos de papada de porco, espuma de queixo S. Simón da Costa e panko aliñado, El Buey consistente en rabo de boi recheo de queixo con canelón de boniato de crema de castaña, e por último El Huerto, un xelado de queixo frito con biscoito de cenoura e natiñas de noces.

Un xurado estivo composto por Yayo Daporta (1 Estrella Michelín), César Romero Villena (profesor no  Basque Culinary Center), Héctor López (chef executivo de Quescrem), Sergio Martínez Alonso (responsable de I+D+i de Quescrem), Elena García Roca (coordinadora de Gastroteq de Quescrem) e Martina Vicente (xornalista de La Alacena Roja) foi o encargado de valorar a innovación e a orixinalidade dos menús, pero tamén a súa coherencia e equilibrio, así como o sabor dos platos.

Quescrem-1