Luns, 09 Decembro, 2019
Presentación de prudutos MONIN
Ao longo do día 11 de novembro, desenvolveuse unha actividade complementaria de formación nas instalacións do CIFP Compostela, de presentación de produtos MONIN, para os ciclos formativos de grao medio de Servizos en Restauración e de grao superior de Dirección de Servizos en Restauración.  monin-1

MONIN, é unha firma internacional con mais de cen anos de experiencia, marca lider no mundo dos sabores gourmet, con mais de 140 produtos dispoñibles en 140 paises.

Esta firma comercial, creada en Francia por Georges Monin, conta con mais de quince directores de innovación de bebidas, expertos en coctelería e cafés especiais.

Para España a empresa importadora é o Grupo OTC (On Trade Cocktail), que conta con expertos en coctelaría e baristas para a formación e difusión dos produtos.

No dia de hoxe, no CIFP Compostela estiveron como especialistas en representación de MONIN, D. Jesús Lumbreras e D. Damián Novoa.

Iniciouse a actividade monográfica coa presentación da firma comercial, seguido da demostarción de elaboracións de combinados da campaña outono-inverno. A presentación da firma comercial foi a cargo do bartender D. Jesús Lumbreras.

O alumnado poido comprobar as técnicas de elaboracións de combinados con e sen alcol, coñecer os custes económicos no emprego dos produtos MONIN e as novas tendencias de coctelaría.

Damian Novoa (actual campión de España de Baristas, aparte de exalumno do CIFP Compostela), executou a elaboración de receitas de café con produtos MONIN, facendo constar a súa grande técnica profesional, con lateados espectacuares, que fixeron colofón final a actividade.

Esta actividade está enmarcada na proposta anual do departamento de Hostalaría e Turismo, con enfoque ao alumnado de servizos en restauración.

monin-2