Martes, 20 Agosto, 2019
Mais de 200 alumnos do CIFP Compostela no Viveiro de Empresas

 Mais de 200 alumnos do CIFP Compostela visitan o Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

Alumnos dos ciclos formativos de grao medio en Cociña e Gastronomía, Servizos en Restauración, Panadaría, Repostaría e Confeitaría, Atención a Persoas en Situación de Dependencia e dos ciclos superiores de Educación Infantil, Dirección de Cociña, Dirección de Servizos en Restauración e Xestión de Aloxamentos Turísticos, visitaron entre o 03 e o 11 de novembro o Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago.

IMG-20151110-WA0000 

 

O Viveiro de Empresas é unha estrutura de acollida temporal pensada para situar a empresas nos seus primeiros pasos no mercado, acompañalas e prestarlles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, mediante unha xestión sen ánimo de lucro.

Constitúe un espazo físico que, combinando o ofrecemento de locais, formación, asesoramento e prestación de servizos, trata de cubrir as necesidades básicas de pequenas e medianas empresas, permitindo mellorar as súas expectativas de supervivencia.

Para axudar a un emprendedor a ver si a súa idea se pode traducir nun negocio viable, desde o Viveiro de Empresas orientan e axudan ao emprendedor nesta primeira fase, crucial para o arranque e boa marcha da empresa.

Durante a visita o alumnado visitou as instalacións e dependencias, así como escoitou a presentación dunha experiencia en marcha relacionada con cada especialidade, na que se están formando.

Esta actividade complementaria á formación enmarcase na programación da Coordinación de Emprendemento do CIFP Compostela.FullSizeRender 2