Xoves, 21 Novembro, 2019
Cata de patacas da I.X.P. Pataca de Galicia

Cata de patacas da I.X.P. Pataca de Galicia

O día 16 de decembro de 2014, levouse a cabo na sala de cata do C.I.F.P. Compostela unha cata de patacas por parte de técnicos da Consellería de Medio Rural  en concreto do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, técnicos de consellos reguladores de Mel de Galicia, de Queixos de Galicia, así como de expertos na produción de pataca  da I.X.P. Pataca de Galicia e profesores do Centro.

O obxectivo da proba era valorar nunha cata cega a calidade organoléptica e comercial de sete castes de pataca , entre as que estaban a Kennebec, a Agria, a Red Pontiac ou a Fina de Carballo e outras.                       

A proba consistiu nunha valoración dos aspectos externos e internos das patacas en cru e unha cata das patacas cocidas e fritidas en forma de chips e barriñas. Para estas elaboracións contouse coa colaboración do alumnado do citado Centro de formación profesional,  sen a axuda  dos cales faríase moi complexa a elaboración de tantas preparacións simultaneamente.