Xoves, 21 Novembro, 2019
Formación continua para profesorado de cociña e pastelaría

Profesorado e alumnado, asisten a un curso de formación, conxuntamente con representantes de empresas do sector da restauración de toda Galicia, na aula de I+D+i do CIFP Compostela.

A actividade formativa transcorreu na tarde do luns 13 de xaneiro, dirixida pola empresa Sosa Ingredients SL, para preto de corenta asistentes.

Oscar Fdez.JPG

Sosa Ingredients SL é un dous principais fabricantes de ingredientes de primeira calidade para a gastronomía e a pastelaría en España.

No ano 2000, a empresa comezou producindo ingredientes para a gastronomía e a pastelería, coa introdución dos froitos secos. Máis tarde, engadíronse á súa liña de produtos froitas liofilizadas, texturizantes, extractos naturais de plantas, aromas naturais e moitos outros ingredientes.

Actualmente Sosa ​​está exportando a máis de 50 países.

 

O obxectivo principal de Sosa é ampliar e mellorar constantemente as liñas de produtos , dando sempre a maior importancia á máis alta tecnoloxía e a innovación.

 

No desenvolvemento da actividade realizáronse demostracións técnicas dunhas vinte receitas de cociña e pastelaría, empregando os novos produtos texturizantes da casa Sosa. Para esta demostración un técnico da casa Sosa, D. Oscar Fernández Albiñana fixo un percorrido por receitas como “boqueróns caramelizados, terrina de verduras, consomé de boi texturizado, crema pasteleira conxelable, aire de licor de coco, areas de chocolate negro,…”.

 

Todos os asistentes tomaron boa nota das demostracións cara a unha aplicación técnica das mesmas.

Sosa 13-01-14

logoboto banner videos