Mércores, 18 Setembro, 2019
ERASMUS+ K103

 

O programa Erasmus+ k103 ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doctorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.  Erasmus 

O CIFP Compostela oferta:

  • Mobilidade de estudantes para prácticas

Realización dun período de prácticas durante un período de tempo nunha empresa ou organización doutro país europeo. As denominadas: Mobilidade de estudantes para prácticas

ENBAIXADA ESPAÑOLA EN PAISES DE DESTINO, Enlaces

EMBAIXADA EN PORTUGAL

EMBAIXADA EN ITALIA

EMBAIXADA EN HUNGRÍA

EMBAIXADA EN FRANCIA

EMBAIXADA EN ALEMANIA

EMBAIXADA EN IRLANDA

EMBAIXADA EN ITALIA

 

ERASMUS+ K103

Erasmus plus, está promocionando dende a representación en España da Comisión Europea, unha websérie titulada: "De Erasmus con mi Familia"

Tráiler da série:http://youtu.be/8Vmplljazi8

Enlace para ver os capítulos da série: https://www.youtube.com/user/EspacioEuropa

Recomendacións de Erasmus+


Erasmus+. Información xeral:   https://www.youtube.com/watch?v=s7C5GyGthaw&feature=youtu.be&list=PLwwGwqT0YgAwIjUP6tEETidRZ6Avjr5J0

Oportunidades Erasmus+ para estudiantes    https://www.youtube.com/watch?v=2ikIavSvVTE&list=PLwwGwqT0YgAwIjUP6tEETidRZ6Avjr5J0&index=1

Oportunidades Erasmus+ para personal    https://www.youtube.com/watch?v=m6DF5jX96dI&list=PLwwGwqT0YgAwIjUP6tEETidRZ6Avjr5J0&index=2

Reconocimientos a la Calidad de proyectos 2017    https://www.youtube.com/watch?v=FLYM4KQiLGA

Ponencia estudiantes Erasmus+    https://www.youtube.com/watch?v=hFf1Kjb6DYA&list=PLwwGwqT0YgAwIjUP6tEETidRZ6Avjr5J0&index=4

Ponencia profesorado y formadores Erasmus+    https://www.youtube.com/watch?v=hLdOKiFiJVM&list=PLwwGwqT0YgAwIjUP6tEETidRZ6Avjr5J0&index=5


CARTA ERASMUS+ 2014-2020

Erasmus Policy Statement 

ECHE cifp compostela


 eramus               Cofinanciado Erasmus

 

 

 

 

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.

Resolución definitiva .

A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS KA 103.

 

 

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.

Resolución provisional .

A Resolución provisional da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS KA 103.

 

Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación  (O prazo finaliza o 10/07/2018 ás 14.00)

 

 

 eramus               Cofinanciado Erasmus

 NO CURSO 2018-2019, DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2018 – ES0-KA103-047056, O CIFP COMPOSTELA COLABOROU CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS.

Agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+

 

COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA, onde realizou as súa FCT Manuela (de marzo a xuño de 2019).

 

 escolar raiz

 

 COLABORAMOS CO HOTEL GIARDINO D’ EUROPA en ROMA, onde realizaron as súa FCT Anet (de outubro a decembro de 2018) e Noelia (de marzo a xuño de 2019).

   giardino1           giardino2

 

 

 COLABORAMOS CO RESTAURANTE HISPANIA, onde realizou as súa FCT Silvia (de outubro a decembro de 2018).[1]

Hispania logo

 

                                                   hispania1



A partir de marzo de 2019 estas estadías non se realizarán baixo o Programa Erasmus+ por causa do Brexit.

 

 

 eramus               Cofinanciado Erasmus

 

Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2019.

 

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 6 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103.

Destinatarios

Alumnado en OFERTA MODULAR E A DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grado Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 de maio ao 27 de maio de 2019.

  • Solicitude autoeditable. 

Farase unha reunión informativa o xoves conxunta para KA 102 /KA 103 os días 9 de maio de 2019 ás 19.00 horas na “Sala de reunións” aula “Parlamento”.

Podedes ampliar información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BOLSAS ERASMUS+ KA 103 (CIFP COMPOSTELA)

 

eramus                Cofinanciado Erasmus

 

Convocatoria de 1 bolsa para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2018-2020)

Obxecto da convocatoria

Concesión de 1 bolsa Erasmus+ K103 de Mobilidade de Persoal para Formación (Staff Mobility for Training Mobility Agreement) mediante un período de observación job shadowing nunha empresa dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA103, cunha duración total de cinco días.

Destinatarios

Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Superiores, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2018/2019, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa, en período de observación “job shadowing” (dentro do prazo comprendido entre o 1/3/2019 e o 31/05/2020) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE . Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no intre de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de marzo ao 14 de abril de 2019, ámbolos dous incluídos.

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

Documentos necesarios para participar no proceso de selección

 Solicitude de participación (recoller na conserxaría do CIFP Compostela, ou consultar na web do centro), copia de DNI ou equivalente, certificado de idioma se fose o casoe proxecto de actividadecorrespondente a formación a realizar no país de destino, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación ou calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.  A solicitude débese entregar na Secretaría do centro, dentro do prazo establecido.

  • Solicitude autoeditable.

 

 

NOTA INFORMATIVA ERASMUS+

LOGO ERASMUS                           

O Sepie (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) informan a este centro que:

A Comisión Europea, con data 30 de xaneiro, fai público un comunicado no que afirma que protexerá os dereitos dos participantes no programa Erasmus+ tras a saída do Reino Unido o próximo 30 de marzo de 2019 no caso de que non se chegue a acordo.

 LOGO COFINANCIADO