Luns, 18 Marzo, 2019
Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú – e posteriormente entregala na sede onde está inscrito para realizar o procedemento ou por correo segundo o establecido.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Pode consulatar as listaxes provisionas do CIFP COMPOSTELA nos seguintes enlaces:

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

Listaxe provisional de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

 

Poden ampliar información en:  http://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2019