Mércores, 16 Xaneiro, 2019
CONVOCATORIA ERASMUS+ KA 103 (Ciclos Superiores)

Convocatoria de becas Erasmus+K103 para F.C.T. de 30/03/2019 a 14/06/2019

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 5 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMP), en países con convenio Erasmus+ K103.

Destinatarios

Alumnado en oferta ordinaria, matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grado Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2018-19 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematou o 16 /11/2018; foi necesario entregar en secretaría o impreso de solicitude cuberto e asinado xunto con copia do DNI ou documento de identidade.

 

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.

Resolución definitiva .

A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de marzo de 2019 a xuño de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS KA 103.