Martes, 23 Abril, 2019
Acreditacións

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
  
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
 
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
 
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

 

DATAS DE REUNIÓN GRUPAL OBRIGATORIA DE ACREDITACIÓNS DE COMPETENCIAS DO C.I.F.P. COMPOSTELA

FASE DE ASESORAMENTO

Ciclos

Datas

Educación infantil

11 de abril do 2019

Hora: 16:30

Aula: salón de actos

Cociña e gastronomía

10 de abril do 2019

Hora:10:30

Aula: nº 6

Repostaría, panadaría e confeitaría

11 de abril do 2019

Hora:17:00

Aula:nº 2