Xoves, 18 Xullo, 2019
ERASMUS+ KA102
O programa Erasmus+KA102 vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.  Erasmus 

ENBAIXADA ESPAÑOLA EN PAISES DE DESTINO, Enlaces

EMBAIXADA EN INGLATERRA

EMBAIXADA EN ITALIA

EMBAIXADA EN HUNGRÍA

EMBAIXADA EN FRANCIA

EMBAIXADA EN ALEMANIA

EMBAIXADA EN IRLANDA

Recomendacións de Erasmus+

 

 

NOTA INFORMATIVA ERASMUS+

 

LOGO ERASMUS                           

 

O Sepie (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) informan a este centro que:

 

A Comisión Europea, con data 30 de xaneiro, fai público un comunicado no que afirma que protexerá os dereitos dos participantes no programa Erasmus+ tras a saída do Reino Unido o próximo 30 de marzo de 2019 no caso de que noN se chegue a acordo.

 

 LOGO COFINANCIADO

 

 

 

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 102.

Resolución definitiva .

A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 102 (2019-2021) para estudantes de Ciclos Medios, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS KA 102.

 

 

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 102.

Resolución provisional .

A Resolución provisional da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 102 (2019-2021) para estudantes de Ciclos Medios, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS KA 102.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación  (O prazo finaliza o 10/07/2018 ás 14.00)

 

Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2019.

O programa Erasmus+KA102, vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades VET dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Ao mesmo tempo recibimos alumnado deses outros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 3 becas Erasmus+ K102 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea condicionadas á concesión do proxecto.

Destinatarios

Alumnado, en OFERTA MODULAR , matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grao Medio, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 de maio ao 27 de maio de 2019.

Farase unha reunión informativa o xoves conxunta para KA 102 /KA 103 os días 9 de maio de 2019 ás 19.00 horas na “Sala de reunións” aula “Parlamento”.

Podedes ampliar a información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BOLSAS ERASMUS+ KA 102 (CIFP COMPOSTELA)