Domingo, 31 Maio, 2020
INICIO-NOVAS
O MEFP e as CCAA acordan flexibilizar as prácticas e o calendario escolar

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas acordan flexibilizar as prácticas e o calendario escolar para que os estudantes de FP superen o curso

24/03/2020

  • O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e as Comunidades Autónomas participaron hoxe na Comisión de Formación Profesional da Conferencia Sectorial para adoptar medidas coordinadas ante a interrupción das clases presenciais debido á crise do Covid-19
  •     Garantirase que todos os estudantes de Formación Profesional poidan finalizar o seu curso académico e lograr a titulación
  •     Adoptaranse medidas de flexibilización das datas, forma e duración da FCT, así como a integración da FCT co módulo de Proxecto, que incluirá aspectos relativos ao exercicio profesional

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e as administracións educativas das comunidades autónomas adoptaron este martes na Comisión de FP da Conferencia Sectorial diversas medidas para asegurar que ningún alumno ou alumna perda o curso pola interrupción de clases presenciais e as prácticas en centros de traballo e FP Dual debido á crise do coronavirus Covid-19.

A secretaria xeral de Formación Profesional do MEFP, Clara Sanz, presidiu esta reunión de traballo na que participaron os directores xerais de todas as Comunidades Autónomas con total coordinación e colaboración para lograr o obxectivo de que todo o alumnado supere o curso a pesar das circunstancias excepcionais.

O MEFP e as CCAA acordaron flexibilizar as prácticas no centro de traballo para superar o curso, ampliando o período establecido no calendario escolar. Esta medida extraordinaria deberá ser coordinada coas datas de celebración da Avau para permitir que todos os estudantes que así o desexen poidan presentarse á proba de acceso á Universidade.

A duración da FCT limítase de xeito excepcional ás horas mínimas recollidas na normativa básica, é dicir 220 horas. Así mesmo, integrarase de forma excepcional o módulo de FCT co módulo de proxecto para que se poidan abordar os obxectivos asociados á contorna laboral. Esta medida afectará tanto á FP básica, como á de grao medio e grao superior.

Así mesmo, en relación ás probas de acceso á FP de grao medio ou superior para quen non conten cos requisitos académicos de acceso a estes ensinos, acordouse pospoñelas  todo o que sexa necesario, chegando mesmo á primeira quincena de xullo.

Ademais destas medidas, o MEFP puxo a disposición das Comunidades Autónomas todos os recursos dixitais dispoñibles da modalidade de Formación Profesional a distancia, que en total abarca 104 ciclos formativos, para facilitar así a continuidade dos ensinos.

Durante a reunión, presentáronse ademais 11 novos títulos e cursos de especialización que as Comunidades Autónomas terán dispoñibles na súa oferta para o próximo curso académico 2020-2021.

Fonte: http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200324-comisionfp.html

 
Medidas a adoptar en relación coa pandemia COVID - 19

Nota informativa do CIFP Compostela: ACTIVIDADES LECTIVAS SUSPENDIDAS

Debido ao COVID-19 suspéndense todo tipo de actividade lectiva regulada, esta suspensión inclúe os servizos educativos complementarios con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

No centro educativo soo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

Seguiremos informando nesta web das novidades que vaian xurdindo.

Para calquera dúbida teñen a súa disposición o correo electrónico do centro: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Agradecemos a colaboración!

Máis información en: www.edu.xunta.gal

 
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID - 19

Fonte: http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Xov, 12/03/2020 - 19:39

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.

MEDIDAS PARA O ENSINO UNIVERSITARIO

  • Suspéndense as actividades académicas no ensino universitario.
  • Permanecerán abertas as residencias universitarias, con servizos comúns básicos.
  • As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo do seu aforo.
 
Convocatoria 4 bolsas persoa para formación Erasmus+ KA 102

Convocatoria de catro bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K102 (2019-2021). CICLOS MEDIOS (Convocatoria Aprazada ata novo aviso)

O programa Erasmus+, KA 102 quere mellora a calidade da Formación Profesional en Europa, ofrecendo aos alumnos, aos profesores e ao persoal que imparte ensinos de Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio, oportunidades de Mobilidade. Ademais, axudará ás institucións de Formación Profesional a crear Asociacións Estratéxicas con outras organizacións e empresas e a establecer así relacións sólidas co mundo laboral. En xeral, contribuirá a mellorar as posibilidades de emprego e as habilidades persoais e, deste xeito, a potenciar a competitividade da economía europea.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 4 bolsa Erasmus+ K102 de Mobilidade de Persoal para Formación mediante un período de observación job shadowing nunha empresa ou centro dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA102, cunha duración total de cinco días (sen contar viaxes).

Destinatarios

Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Medios, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2019/2020, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa, en período de observación “job shadowing” (dentro do prazo comprendido entre o 1/3/2020 e o 31/05/2021) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE (ver apartado “País e empresa de destino”). Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no momento de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo

Requisitos para participar na selección

  • Ser docente do CIFP Compostela (con carácter definitivo ou provisional) durante o curso 2019/2020, de Ciclos Formativos de Grao Medio.
  • Posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou ben en inglés (lingua vehicular da UE).
  • Presentar un proxecto de actividade correspondente a formación a realizar coa empresa ou centro de destino concertado, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación de actividades e calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 05 marzo de 2020 ao 05 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos.

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

 

Prazo de presentación de solicitudes

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 05 marzo de 2020 ao 05 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos.

 

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

 

Poden recoller a información na Corsexería do CIFP, consultar nos puntos de información Erasmus+ do CIFP (fronte a Secretaría e no corredor da cafetería) e na porta de entrada do edificio principal.

 A solicitude pode recollerse na conserxería do CIFP ou baixar/cumplitentar a continuación:

 Solicitude autoeditable


 
Convocatoria 2 bolsas persoalpara formación Erasmus+ KA 103

Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2019-2021). CICLOS SUPERIORES (Convocatoria Aprazada ata novo aviso)

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior ao proceso de innovación.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 2 bolsas Erasmus+ K103 de Mobilidade de Persoal para Formación (Staff Mobility for Training Mobility Agreement) mediante un período de observación job shadowing nunha empresa ou nun centro dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA103, cunha duración total de cinco días (sen contar viaxes).

Destinatarios

Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Superiores, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2019/2020, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa ou centro, en período de observación “job shadowing” (dentro do prazo comprendido entre o 1/3/2020 e o 31/05/2021) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE (ver apartado “País e empresa de destino”). Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no momento de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo

Requisitos para participar na selección

  • Ser docente do CIFP Compostela (con carácter definitivo ou provisional) durante o curso 2019/2020, de Ciclos Formativos de Grao Superior.
  • Posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou ben en inglés (lingua vehicular da UE).
  • Presentar un proxecto de actividade correspondente a formación a realizar coa empresa ou centro de destino concertado, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación de actividades e calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 05 marzo de 2020 ao 05 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos.

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

Poden recollar a información na Corsexería do CIFP, consultar nos puntos de información Erasmus+ do CIFP (fronte a Secretaría e no corredor da cafetería) e na porta de entrada do edificio principal.

A solicitude pode recollerse na conserxería do CIFP ou baixar/cumplitentar a continuación:

 

 

 
Comunicado COVID-9: medidas específicas no programa Eramus+

En relación á incidencia epidemiolóxica COVID-19, poden consultar os últimos comunicados do SEPIE (Servizo para a internacionalización da educación) en: http://sepie.es/comunicacion/prensa.html

 

 
Acreditación de competencias. Listaxes de Solicitantes. Convocatoria 2020

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020, con data do 19 de febreiro de 2020.

altAs persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación poden coñecer os erros detectados accedendo ao seu expediente na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú . Recorde que para entrar na aplicación necesitará autenticarse previamente. Tamén poden consultar no centro onde teña dirixida a solicitude.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú – e posteriormente imprimila, asinala e presentala, xuntando a documentación que corresponda, na sede onde solicitou realizar o procedemento.

Medio de presentación da emenda e/ou reclamación: A solicitude de emenda ou reclamación xunto coa documentación poderá ser presentada mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou no propio centro de maneira presencial ou mediante correo certificado.

Para aquelas persoas que non se atopen nas listaxes e sempre que teña seguido, e só no caso, o procedemento establecido para a presentación da solicitudes, isto é, ter rexistrada a súa solicitude na aplicación www.edu.xunta.es/acreditacion e entregada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá presentar reclamación dirixida ao centro elixido para realizar o procedemento por algún dos medios establecidos no parágrafo anterior.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias e que deben consultar as listaxes de persoas que deben emendar documentación.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao xoves 5 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas do CIFP Compostela.

15016000 - CIFP Compostela

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

 
Celebramos a VII Mostra do Entroido!!!!!!

VI mostra do entroido2 cartel VII mostra do entroido-min

O programa:

 

VI mostra do entroido programa

Grazas a todas e todos por participar!!!

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Páx. 4 de 20