Xoves, 18 Xullo, 2019
INICIO-NOVAS
Convocatoria de bolsas Erasmus+ Ka 102 (Ciclos Medios) para FCT (Outubro - Decembro 2019)

Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2019.

O programa Erasmus+KA102, vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades VET dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Ao mesmo tempo recibimos alumnado deses outros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 3 becas Erasmus+ K102 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea condicionadas á concesión do proxecto.

Destinatarios

Alumnado, en OFERTA MODULAR , matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grao Medio, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 de maio ao 27 de maio de 2019.

Farase unha reunión informativa o xoves conxunta para KA 102 /KA 103 os días 9 de maio de 2019 ás 19.00 horas na “Sala de reunións” aula “Parlamento”.

Podedes ampliar a información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BOLSAS ERASMUS+ KA 102 (CIFP COMPOSTELA)

 eramusCofinanciado Erasmus

 

 
Datas da reunión grupal de asesoramento. Acreditacións 2019.

DATAS DE REUNIÓN GRUPAL OBRIGATORIA DE ACREDITACIÓNS DE COMPETENCIAS DO C.I.F.P. COMPOSTELA

FASE DE ASESORAMENTO

Ciclos

Datas

Educación infantil

11 de abril do 2019

Hora: 16:30

Aula: salón de actos

Cociña e gastronomía

10 de abril do 2019

Hora:10:30

Aula: nº 6

Repostaría, panadaría e confeitaría

11 de abril do 2019

Hora:17:00

Aula:nº 2

 
Acreditación de competencias. Listaxes definitivas. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 28 de marzo ao 26 de abril de 2019, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú , e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Pode consultar as listaxes definitivas do CIFP COMPOSTELA nos seguintes enlaces:

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

Listaxe definitiva de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

Poden ampliar información en: http://www.edu.xunta.es/fp/definitivas-admitidos-excluidos-acreditacion-2019

 
Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú – e posteriormente entregala na sede onde está inscrito para realizar o procedemento ou por correo segundo o establecido.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Pode consulatar as listaxes provisionas do CIFP COMPOSTELA nos seguintes enlaces:

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

Listaxe provisional de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

 

Poden ampliar información en:  http://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2019

 
Convocatoria de 1 bolsa para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2018-2020)

Convocatoria de 1 bolsa para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2018-2020)

 

Obxecto da convocatoria

Concesión de 1 bolsa Erasmus+ K103 de Mobilidade de Persoal para Formación (Staff Mobility for Training Mobility Agreement) mediante un período de observación job shadowing nunha empresa dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA103, cunha duración total de cinco días.

Destinatarios

Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Superiores, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2018/2019, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa, en período de observación “job shadowing” (dentro do prazo comprendido entre o 1/3/2019 e o 31/05/2020) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE . Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no intre de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de marzo ao 14 de abril de 2019, ámbolos dous incluídos.

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

 

Documentos necesarios para participar no proceso de selección

 Solicitude de participación (recoller na conserxaría do CIFP Compostela, ou consultar na web do centro), copia de DNI ou equivalente, certificado de idioma se fose o casoe proxecto de actividadecorrespondente a formación a realizar no país de destino, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación ou calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.  A solicitude débese entregar na Secretaría do centro, dentro do prazo establecido.

 

 

 
Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019, con data do 20 de febreiro de 2019.

altAs persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación achegada coa súa solicitude poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN–, ou tamén na sede onde presentou a solicitude.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe. Se detecta algún erro debe presentar unha reclamación.

Se non figura en ningunha listaxe e seguiu o procedemento establecido para a presentación da solicitude e a documentación, isto é, cargou a súa solicitude na aplicación dispoñible en www.edu.xunta.es/acreditacion e fixo a entrega mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, poderá presentar reclamación dirixida á mesma sede.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves día 21 de febreiro ao sábado día 2 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú – e posteriormente remitila á sede onde solicitou realizar o procedemento anexando a documentación que corresponda. Será admisible tamén por correo certificado sempre que conste a data de envío.Tamén poderá enviar a reclamación e a documentación mediante sede electrónica.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación  do CIFP COMPOSTELA:

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

Poden ampliar a información no enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/solicitantes-acreditacion-2019

 
CONCURSO HAIKUS DO BENQUERER 2019

 

concurso- haikus

Deseño: alumnado de Artes Gráficas do CIFP Compostela, Estela Rey (C.M. de Preimpresión Dixital)

 
CONVOCATORIA ERASMUS+ KA 103 (Ciclos Superiores)

NOTA INFORMATIVA ERASMUS+

LOGO ERASMUS                           

 

O Sepie (Servizo Español para a Internacionalización da Educación) informa a este centro que:

 

A Comisión Europea, con data 30 de xaneiro, fai público un comunicado no que afirma que protexerá os dereitos dos participantes no programa Erasmus+ tras a saída do Reino Unido o próximo 30 de marzo de 2019 no caso de que no se chegue a acordo.

 

 LOGO COFINANCIADO

 

 

 

Convocatoria de becas Erasmus+K103 para F.C.T. de 30/03/2019 a 14/06/2019

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 5 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMP), en países con convenio Erasmus+ K103.

Destinatarios

Alumnado en oferta ordinaria, matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grado Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2018-19 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematou o 16 /11/2018; foi necesario entregar en secretaría o impreso de solicitude cuberto e asinado xunto con copia do DNI ou documento de identidade.

 

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.

Resolución definitiva .

A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de marzo de 2019 a xuño de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS KA 103.


 

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Páx. 3 de 15